CONCEPTO
E FUNCIÓNS DA BIBLIOTECA ESCOLAR
1. La biblioteca escolar é un espacio educativo, un centro
de recursos multimedia al servicio de la comunidad educativa.
2. La biblioteca escolar está integrada no proxecto educativo
e curricular do centro e fomenta métodos activos de ensinanza
e aprendizaxe.
3. A biblioteca escolar favorecerá o cumprimento de tódolos
obxectivos xerais da educación e non só os académicos,
en especial os relativos á transversalidade, a corrección
das desigualdades de orixe do alumnado, o acceso á cultura e
o fomento da lectura.
4.A biblioteca escolar forma parte do organigrama dos centros
e en consecuencia será contemplada e regulada nas súas
funcións e coordinación co resto de órganos no
Regulamento Orgánico de Centros.
5.A biblioteca escolar non traballará de forma aillada
senón formando partes de redes.
6.A biblioteca escolar teñen unha serie de funcións
educativas que afectan en xeral á formación integral da
persoa e en concreto ó deseño, desenvolvemento e innovación
curricular, entre outras:
-fomento da lectura, análise e tratamento da información
e da documentación
-fomento da expresión e da creatividade
-educación para o ocio e o tempo de lecer
-información e orientación
7.A biblioteca escolar ten tamén funcións de tipo
cultural, especialmente:
-organizar actividades culturais, na súa condición de
espacio interdisciplinar
-proporcionar información sobre todo tipo de actividades, recursos
e servicios culturais externos.
8.A biblioteca escolar ten que xestionar tecnicamente os seus
recursos para cumprir a súas funcións de tipo educativo,
cultural e social.
9.Así
mesmo cómpre ter unha normativa que axuste as instalacións
e equipamento, o persoal, o seu horario, os recursos documentais, o
orzamento e a coordinación ás necesidades reais da posta
en práctica deste modelo de Biblioteca Escolar.
INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO
10. O espacio da biblioteca escolar debe axustarse ás
recomendacións internacionais, que se incrementará de
acordo cuns módulos proporcionais ó número de prazas
escolares do centro.
11. A biblioteca escolar debe contar co equipamento necesario
para o acceso e a consulta de tódolos soportes documentais.
PERSOAL
12. O bibliotecario escolar é un elemento imprescindible
neste modelo de biblioteca. Contará cunha dedicación plena
a tempo completo. Será un docente con formación en biblioteconomía
e nos casos en que a dimensión do centro o requira poderá
contarse con bibliotecarios titulados con formación pedagóxica.
13. A biblioteca escolar contará ademais cun equipo multidisciplinar
de profesores con dedicación parcial.
14. O bibliotecario escolar dependerá directamente da
dirección do centro e formará parte do claustro e da comisión
de coordinación pedagóxica.
15 A formación do bibliotecario escolar incluirá
formación específica en xestión bibliotecaria,
recursos bibliográficos, formación de usuarios e animación
á lectura.
HORARIO
16. A biblioteca escolar deberá permanecer aberta durante
un amplo horario, que será superior en todo caso á xornada
lectiva do alumnado.
RECURSOS
DOCUMENTAIS
17. A constitución do fondo inicial e o seu crecemento,
a presencia de tódolos soportes documentais e o equilibrio entre
obras de coñecemento e de ficción axustaranse ás
recomendacións internacionais.
ORZAMENTO
18. A biblioteca escolar contará cun orzamento de seu
e suficiente para o cumprimento das súas funcións.
ORGANIZACIÓN
EN REDES
19.A estructuración da rede documental educativa debe contemplar
a incorporación das bibliotecas escolares no Sistema Español
de Bibliotecas, así como nos distintos sistemas bibliotecarios
autonómicos.
20.A rede ten como obxectivo principal facilitar a cooperación
e a colaboración entre os elementos que a compoñen: servicios
centrais, Centros de Profesores e Recursos, bibliotecas públicas
e bibliotecas escolares.
21.A configuración tecnolóxica da rede requerirá
a selección dun modelo informático que contemple a automatización
das bibliotecas e a súa conexión.
22.Tódolos puntos da rede contarán cos medios humanos
e materiais necesarios para cumprir as súas funcións.
A rede, nos seus distintos ámbitos territoriais, contará
ademais cun grupo de traballo composto polos responsables técnicos
dos seus distintos elementos.
23.O obxectivo principal dos servicios centrais é o deseño,
desenvolvemento e avaliación do plano de implantación
da rede, que debe incluir os recursos organizativos, humanos, formativos
e tecnolóxicos necesarios.
24.Os Centros de Profesores e Recursos teñen como funcións
básicas na rede documental educativa a formación permanente
do profesorado e a xestión e difusión dos recursos documentais
e informativos. Para cumprir estas funcións contarán ó
menos cun bibliotecario. Deberá ser o centro de documentación
pedagóxica por excelencia e coordenarse coas bibliotecas públicas
25.As bibliotecas públicas son, conxuntamente cos Centros
de Profesores e Recursos, os núcleos documentais máis
próximos ás bibliotecas escolares. Estas necesitan, para
cumprir as súas funcións, do apoio das bibliotecas públicas
en canto a: asesoramento técnico, préstamo interbibliotecario,
información bibliográfica, formación de usuarios
(dando prioridade en este primeiro momento ós docentes), actividades
culturais, etc.
26.Nas poboación en que non sexa preceptiva legalmente a creación
dunha biblioteca pública municipal e exista un centro escolar,
poderanse establecer convenios de colaboración entre o Concello,
os órgaos competentes da administración educativa e os
sistemas provinciais ou autonómicos de bibliotecas, par ao doble
uso da biblioteca como pública e escolar, sempre que se garantan
os requisitos mínimos imprescindibles.
concepto
de biblioteca escolar | plano de mellora |
temporalización | avaliación
|