Make your own free website on Tripod.com
 



 

.

INSTALACIONS

A normativa educativa en vigor (Real Decreto 1004/ 1991, do 14 de xuño, "por el que se establecen los requisitos mínimos de los centros que impartan enseñanzas de régimen general no universitarias", BOE do 26-VI-1991) contempla os seguintes espacios mínimos para as bibliotecas escolares:

 


TIPO DE CENTRO INTALACIÓNS SUPERFICIE MÍNIMA
Centros de Educación Primaria Biblioteca 45 m2
Centros de Educación Secundaria Obrigatoria Biblioteca 60 m2
Centros de Educación Primaria e Educación Secundaria no mesmo edificio Biblioteca común 90 m2
Centros de Bacharelato Biblioteca 75 m2
Centro de ESO e Bacharelato situados no mesmo edificio Biblioteca común Non se especifica superficie mínima
Centros de Formación Profesional de Grao Medio Biblioteca 60 m2
Centros de Formación Profesional de Grao Superior Biblioteca 60 m2

Posteriormente tamén o, por entón, Ministerio de Educación y Ciencia presentou a Orde do 4 de novembro de 1991 "por la que se aprueban los Programas de Necesidades para la redacción de los proyectos de construcción de centros de enseñanza no universitarias" (BOE do 12-XI-1991), na que preveía, máis polo miúdo, uns mínimos (na práctica son máximos) para as novas edificacións escolares, dependendo dos tramos educativos afectados e do número de unidades a construír (a conversión da unidades a número de alumnos/as é nosa):

TIPO DE CENTRO Nº DE UNIDADES Nº DE ALUMNADO BIBLIOTECA
Colexios de Educación Primaria 6 150 40 m2
12 300 50 m2
18 450 60 m2
Colexios de Educación Infantil e Primaria 9 210 40 m2
18 420 50 m2
27 630 60 m2
Institutos de Educación Secundaria Obrigatoria 8 240 60 m2
12 360 75 m2
16 480 90 m2
Centros de Educación Secundaria Obrigatoria e Postobrigatoria 12 360 75 m2
16 480 90 m2
22 660 100 m2
26 780 120 m2

Nota: os parámetros empregados para a conversión de unidades escolares en alumnado foi a seguinte: para E. Infantil unidade/20 alumnos/as; E. Primaria unidade/25 alumnos/as; ESO unidade/30 alumnos/as; E. Secundaria Posobrigatoira (é dicir Bacharelatos-35- e Ciclos Formativos de Formación Profesional -30-) unidade/30 alumnos/as.

A IFLA (Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios-as) en calidade de máximo organismo internacional do eido das bibliotecas recomenda como espacios destinados a biblioteca escolar os seguintes:

ALUMNADO BIBLIOTECAS
1 a 250 alumnos/as 144 m2
250 a 500 alumnos/as 251 m2
+ de 500 alumnos/as 358 m2

¿Que podemos dicir despois de comparar estas táboas? A normativa española contempla 60 m2 e as recomendacións internacionais falan de 144 m2. A normativa española outorga 90 m2 para un total de 480 alumnos namentres que as recomendacións internacionais determinan 358 m2 para 500 alumnos e alumnas. ¡Para qué seguir comparando! ¿Impórtalle a alguén as bibliotecas escolares? Desde logo ás administracións educativas parece que non.

lexislación | instalacións | equipamento | formación e recursos | comparándonos | conclusión|


Copyright Agabel.net© 2001
Tódolos dereitos reservados