Make your own free website on Tripod.com
 



 

.

A XEITO DE CONCLUSIÓN

Nin por superficie, nin por equipamento, nin por formación dos seus responsables, nin por dedicación horaria, nin por recursos, nin polo marco legal, nin polo interese da comunidade educativa, etc poderíase afirmar que hai bibliotecas escolares en Galicia. Non obstante o voluntarismo, a constancia duns docentes entusiasmados co labor que se desenvolve desde as súas bibliotecas escolares (organización, actividades de dinamización, apertura fóra do seu horario lectivo para atender a toda a comunidade educativa, etc), permítenos afirmar que hai exemplos puntuais de auténticos centros de documentación e de fomento da lectura nos centros docentes. Mais non confundamos a excepcionalidade coa regra. Son estas persoas, traballando en moitas ocasións sen a compresión da inspección educativa, sen a resposta axeitada pola consellería á súa demanda de equipamentos, ás veces traballando de xeito illado pola apatía dos claustros, pero sempre recibindo o recoñecemento do alumnado, as que manteñen o facho das bibliotecas escolares en Galicia.

Non renunciamos a ter en Galicia Bibliotecas Escolares.

Marzo de 2.000

 

 

 

 

 


lexislación | instalacións | equipamento | formación e recursos | comparándonos | conclusión|

Copyright Agabel.net© 2001
Tódolos dereitos reservados