INSTALACIONS A normativa educativa en vigor (Real Decreto 1004/ 1991, do 14 de xuño, "por el que se establecen los requisitos mínimos de los centros que impartan enseñanzas de régimen general no universitarias", BOE do 26-VI-1991) contempla os seguintes espacios mínimos para as bibliotecas escolares:
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posteriormente tamén o, por entón, Ministerio de Educación y Ciencia presentou a Orde do 4 de novembro de 1991 "por la que se aprueban los Programas de Necesidades para la redacción de los proyectos de construcción de centros de enseñanza no universitarias" (BOE do 12-XI-1991), na que preveía, máis polo miúdo, uns mínimos (na práctica son máximos) para as novas edificacións escolares, dependendo dos tramos educativos afectados e do número de unidades a construír (a conversión da unidades a número de alumnos/as é nosa):
Nota: os parámetros empregados para a conversión de unidades escolares en alumnado foi a seguinte: para E. Infantil unidade/20 alumnos/as; E. Primaria unidade/25 alumnos/as; ESO unidade/30 alumnos/as; E. Secundaria Posobrigatoira (é dicir Bacharelatos-35- e Ciclos Formativos de Formación Profesional -30-) unidade/30 alumnos/as. A IFLA (Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios-as) en calidade de máximo organismo internacional do eido das bibliotecas recomenda como espacios destinados a biblioteca escolar os seguintes:
¿Que podemos dicir despois de comparar estas táboas? A normativa española contempla 60 m2 e as recomendacións internacionais falan de 144 m2. A normativa española outorga 90 m2 para un total de 480 alumnos namentres que as recomendacións internacionais determinan 358 m2 para 500 alumnos e alumnas. ¡Para qué seguir comparando! ¿Impórtalle a alguén as bibliotecas escolares? Desde logo ás administracións educativas parece que non. lexislación | instalacións | equipamento | formación e recursos | comparándonos | conclusión| |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Copyright
Agabel.net© 2001
Tódolos dereitos reservados |