ANÁLISE COMPARATIVA CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS EDUCATIVAS
¿En todo o Estado a situación da Bibliotecas Escolares é tan nefasta como en Galicia? ¿Hai dotación inicial? ¿Hai mobiliario axeitado? ¿Hai maior posibilidades de dedicación horaria? ¿Hai outros sistemas de formación? ¿Hai planos experimentais sobre bibliotecas escolares? ¿Os centros de formación do profesorado funcionan como centros de documentación? |
|
||
Fixémonos na situación dos territorios xestionados polo Ministerio de Educación e Cultura posto que algunhas das xestións desenvolvidas polo MEC poden /deben ser de coñecemento obrigado para tódalas persoas interesas polas bibliotecas escolares. Resumindo as experiencias postas en marcha ata mediados dos anos 90´ serían de salientar as seguintes: -Actividades de formación como o Programa de Animación a la Lectura -Varios programas para a informatización da xestión das bibliotecas escolares. Ultimamente é salientable o Programa Abies. -Varias actuacións sobresalientes a nivel provincial, destacando especialmente, por varios motivos, as desenvoltas en León, Madrid, Murcia, Salamanca, Zamora, Zaragoza (¡que experiencia tan extraordinaria foi a do Centro Asesor de Bibliotecas Escolares -CABE-!). Dende o curso 1995/96 o MEC puxo en marcha a constitución dunha rede de documentación nos seus Centros do Profesorado e Recursos dentro do Programa Piloto para la Experimentación de la Red de Bibliotecas Escolares, co obxectivo de poder respostar ás demandas de documentación e recursos. Esta rede, xunto coa colaboración coas bibliotecas públicas, é o punto intermedio da estructura de apoio deseñada desde as unidades da administración educativa central ata actuacións nos centros educativos ¿E Galicia? De tódolos xeitos desde a convocatoria e realización do 1º Encuentro Nacional sobre Bibliotecas Escolares, ó que por certo só foron invitadas a participar dúas persoas de Galicia que nada tiñan que ver coa nosa administración autonómica, o MEC decidiuse a impulsar un Plan de mejora de las bibliotecas escolares, que se iniciou no curso 1997/98 en 32 colexios de Educación Infantil e Primaria e 31 Institutos de Secundaria. Basicamente este plano tiña por obxectivo que a "biblioteca alcance la consideración de servicio común básico del sistema educativo", definindo un modelo de biblioteca que comprende o deseño conceptual, funcional e orgánico do servicio: espacios, responsable e equipos de apoio, formación e recursos informáticos, bibliográficos e económicos. O plano fixa a existencia dun responsable da biblioteca con formación adecuada (un curso presencial e outro a distancia en soporte Cd-rom que contou no primeiro curso de implantación con 3.000 profesores e profesoras como participantes) e non voluntarismo exclusivamente, cunhas competencias claras (xestión centralizada das adquisicións, etc) e mesmo coa condición expresa que os fondos deberán estar sempre en andeis abertos de acceso directo (a nosa Consellería envía os centros estanterías non axeitadas para o uso bibliotecario). O responsable poderá participar nas reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica. Este responsable terá como mínimo unha dedicación de 6 horas nos centros de infantil e primaria e de 15 nos de secundaria (entre complementarias e lectivas), etc. Constitúese o Equipo de atención á Biblioteca Escolar. Expresamente se di que cada alumno e/ou alumna poderá utiliza-la biblioteca un mínimo de 2 horas diarias fóra do seu horario lectivo nos centros de infantil e primaria e de 3 nos de secundaria. Os centros participantes recibirán, con destino ás Bibliotecas equipamento informático con acceso a Internet, ademais outros 191 centros recibirán este mesmo equipamento ¿E Galicia? Establécese unha dotación económica específica destinada á bibliotecas dos centros de secundaria de nova creación de 2.500.000 pesetas, ademais dunha dotación inicial de fondo bibliográfico. ¿E Galicia? Finalmente
poderíase resumir as actividades do MEC neste eido destacando
os aspectos máis sobranceiros da resposta do Goberno do Estado,
no segundo trimestre de 1999, a unha pregunta dun senador por Soria
do Grupo Socialista sobre as iniciativas para darlle un novo pulo ás
bibliotecas escolares: Poderiamos falar doutras comunidades autónomas, sendo de mencionar especialmente a situación de Canarias (son de salientar as experiencias tan positivas realizadas nas Illas Canarias que marcan, sen dúbida, un referente obrigado para todos e todas os interesados e/ou con responsabilidades nas bibliotecas escolares), non obstante sinalaremos as desenvoltas en: -A Comunidade de Madrid ven de aprobar a súa Lei do libro e a lectura na que se contempla a problemática das bibliotecas escolares. Nos encontros celebrados en Fuenlabrada, febreiro de 1999, tódolos grupos políticos representados na Cámara autonómica comprometéronse a desenvolver esta cuestión cun consenso sorprendente e admirable. -En Cataluña hai poucos meses aprobouse o decreto que desenvolve a súa lei de bibliotecas. Creouse un orzamento específico para a dotación de bibliotecas escolares de nova creación. En Barcelona constituíuse en abril de 1999 a Comisión de Lectura Pública que ten pensado elaborar un estudio sobre as bibliotecas escolares. Está
claro que o exposto non é para estar especialmente ledos. Son
sen dúbida pasos, e pasos moi sobranceiros, cara o recoñecemento
da importancia das bibliotecas escolares no labor educativo. ¿Podemos
dicir algo positivo sobre o que teñen realizado as Consellerías
de Educación e de Cultura? Levamos visto moito do que non fan
ou fan mal. ¿Chegaría para tapar esta grave eiva as campaña
de promoción da lectura? ¿Alguén pensa que si?
AGABEL pensa que non. lexislación | instalacións | equipamento | formación e recursos | comparándonos | conclusión| |
|||
Copyright
Agabel.net© 2001
Tódolos dereitos reservados |