.

Benvidos á Web de AGABEL

A Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura -AGABEL- xurdiu en marzo de 2000 pola iniciativa de responsables de bibliotecas escolares de tódolos niveis de ensino non universitario, de docentes e de bibliotecarias de bibliotecas públicas.

Somos unha asociación sen ánimo de lucro e legalmente constituída e aberta a calquera persoa ou institución con interese por este campo de intervención socioeducativa.

Conscientes como eramos e somos da precaria situación das bibliotecas escolares e da lectura en Galicia decidimos xuntar esforzos para tentar modificar este panorama.



Se queres coñecernos entra aquí e poderás ler os nosós estatutos.Tamén incluímos unha análise das bibliotecas escolares en Galicia e as nosas liñas xerais de actuación: o plan de bibliotecas. Ofrecémosche ademáis a posibilidade de acceder ós documentos máis destacables sobre bibliotecas escolares, como o manifesto da UNESCO, o manifesto de AGABEL e os nosos propios boletíns. Unha completa bibliografía sobre bibliotecas escolares engádese tamén nesta Web.

Non falta tampouco unha mención das nosas actividades que pretenden dar un pulo á vitalidade das bibliotecas do noso país.

Finalmente presentámoche tamén vínculos a outros recursos web, adicados tanto específicamente ó campo das bibliotecas, como a temas máis xerais pero sen dúbida de interese para todos. E, cómo non, se estás interesado na nosa labor, ou queres facernos chegar calquer tipo de comentario podes contactar con nos desde esta Web.

 

Site Meter

 

Copyright Agabel.net© 2001
Tódolos dereitos reservados