Make your own free website on Tripod.com
 



 

.

CONCEPTO DE BIBLIOTECA ESCOLAR

Concepto e funcións da biblioteca escolar
Instalacións e equipamento
Persoal
Horario
Recursos documentais
Orzamento
Organización en redes

 

 

 



CONCEPTO E FUNCIÓNS DA BIBLIOTECA ESCOLAR


1. La biblioteca escolar é un espacio educativo, un centro de recursos multimedia al servicio de la comunidad educativa.

2. La biblioteca escolar está integrada no proxecto educativo e curricular do centro e fomenta métodos activos de ensinanza e aprendizaxe.

3. A biblioteca escolar favorecerá o cumprimento de tódolos obxectivos xerais da educación e non só os académicos, en especial os relativos á transversalidade, a corrección das desigualdades de orixe do alumnado, o acceso á cultura e o fomento da lectura.

4.A biblioteca escolar forma parte do organigrama dos centros e en consecuencia será contemplada e regulada nas súas funcións e coordinación co resto de órganos no Regulamento Orgánico de Centros.

5.A biblioteca escolar non traballará de forma aillada senón formando partes de redes.

6.A biblioteca escolar teñen unha serie de funcións educativas que afectan en xeral á formación integral da persoa e en concreto ó deseño, desenvolvemento e innovación curricular, entre outras:
-fomento da lectura, análise e tratamento da información e da documentación
-fomento da expresión e da creatividade
-educación para o ocio e o tempo de lecer
-información e orientación

7.A biblioteca escolar ten tamén funcións de tipo cultural, especialmente:
-organizar actividades culturais, na súa condición de espacio interdisciplinar
-proporcionar información sobre todo tipo de actividades, recursos e servicios culturais externos.

8.A biblioteca escolar ten que xestionar tecnicamente os seus recursos para cumprir a súas funcións de tipo educativo, cultural e social.

9.Así mesmo cómpre ter unha normativa que axuste as instalacións e equipamento, o persoal, o seu horario, os recursos documentais, o orzamento e a coordinación ás necesidades reais da posta en práctica deste modelo de Biblioteca Escolar.


INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO


10. O espacio da biblioteca escolar debe axustarse ás recomendacións internacionais, que se incrementará de acordo cuns módulos proporcionais ó número de prazas escolares do centro.

11. A biblioteca escolar debe contar co equipamento necesario para o acceso e a consulta de tódolos soportes documentais.


PERSOAL


12. O bibliotecario escolar é un elemento imprescindible neste modelo de biblioteca. Contará cunha dedicación plena a tempo completo. Será un docente con formación en biblioteconomía e nos casos en que a dimensión do centro o requira poderá contarse con bibliotecarios titulados con formación pedagóxica.

13. A biblioteca escolar contará ademais cun equipo multidisciplinar de profesores con dedicación parcial.

14. O bibliotecario escolar dependerá directamente da dirección do centro e formará parte do claustro e da comisión de coordinación pedagóxica.

15 A formación do bibliotecario escolar incluirá formación específica en xestión bibliotecaria, recursos bibliográficos, formación de usuarios e animación á lectura.

HORARIO


16. A biblioteca escolar deberá permanecer aberta durante un amplo horario, que será superior en todo caso á xornada lectiva do alumnado.

RECURSOS DOCUMENTAIS


17. A constitución do fondo inicial e o seu crecemento, a presencia de tódolos soportes documentais e o equilibrio entre obras de coñecemento e de ficción axustaranse ás recomendacións internacionais.

ORZAMENTO


18. A biblioteca escolar contará cun orzamento de seu e suficiente para o cumprimento das súas funcións.

ORGANIZACIÓN EN REDES


19
.A estructuración da rede documental educativa debe contemplar a incorporación das bibliotecas escolares no Sistema Español de Bibliotecas, así como nos distintos sistemas bibliotecarios autonómicos.

20.A rede ten como obxectivo principal facilitar a cooperación e a colaboración entre os elementos que a compoñen: servicios centrais, Centros de Profesores e Recursos, bibliotecas públicas e bibliotecas escolares.

21.A configuración tecnolóxica da rede requerirá a selección dun modelo informático que contemple a automatización das bibliotecas e a súa conexión.
22.Tódolos puntos da rede contarán cos medios humanos e materiais necesarios para cumprir as súas funcións. A rede, nos seus distintos ámbitos territoriais, contará ademais cun grupo de traballo composto polos responsables técnicos dos seus distintos elementos.

23.O obxectivo principal dos servicios centrais é o deseño, desenvolvemento e avaliación do plano de implantación da rede, que debe incluir os recursos organizativos, humanos, formativos e tecnolóxicos necesarios.

24.Os Centros de Profesores e Recursos teñen como funcións básicas na rede documental educativa a formación permanente do profesorado e a xestión e difusión dos recursos documentais e informativos. Para cumprir estas funcións contarán ó menos cun bibliotecario. Deberá ser o centro de documentación pedagóxica por excelencia e coordenarse coas bibliotecas públicas

25.As bibliotecas públicas son, conxuntamente cos Centros de Profesores e Recursos, os núcleos documentais máis próximos ás bibliotecas escolares. Estas necesitan, para cumprir as súas funcións, do apoio das bibliotecas públicas en canto a: asesoramento técnico, préstamo interbibliotecario, información bibliográfica, formación de usuarios (dando prioridade en este primeiro momento ós docentes), actividades culturais, etc.
26.Nas poboación en que non sexa preceptiva legalmente a creación dunha biblioteca pública municipal e exista un centro escolar, poderanse establecer convenios de colaboración entre o Concello, os órgaos competentes da administración educativa e os sistemas provinciais ou autonómicos de bibliotecas, par ao doble uso da biblioteca como pública e escolar, sempre que se garantan os requisitos mínimos imprescindibles.

 

concepto de biblioteca escolar | plano de mellora | temporalización | avaliación


Copyright Agabel.net© 2001
Tódolos dereitos reservados