.

ESTATUTOS DA NOSA ASOCIACIÓN

1º : A Asociación en xeral
2º: Dirección e administración
3º: Os socios
4º: Réxime económico

 

CAPÍTULO PRIMEIRO,DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1°

Constitúese na cidade da Coruña unha Asociación que se denominará Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura (AGABEL) e que se rexerá pola vixente Lei de Asociacións e polos presentes estatutos.


Artigo 2°


Son fines da Asociación
a) Difundir entre os responsables políticos o papel que lle corresponde á biblioteca nos centros escolares co fin de que a biblioteca escolar teña cabida nas disposicións lexislativas e se Ile recoñeza o necesario marco legal, imprescindible para o seu fomento e desenvolvemento, así como para que sexa asumida e demandada por todos os sectores implicados no seu bo
funcionamento.
b) Promover o coñecemento das bibliotecas escolares en todos os ámbitos educativos non universitarios e entre todos os sectores profesionais implicados no seu funcionamento:
estudiantes, profesorado, inspección educativa, bibliotecarios/as de bibliotecas públicas, consellos escolares e asociacións de pais de alumnos. Os membros da Asociación cremos que un bo coñecemento das posibilidades da biblioteca escolar aumentará a demanda da súa existencia, apoio e desenvolvemento,
contribuíndo así á mellora da calidade do ensino nos centros.
c) Fomentar a colaboración entre todos os sectores sinalados no apartado anterior, así como con outros especialistas e institucións interesados nos mesmos fins defendidos pola Asociación, mediante o intercambio de coñecementos e experiencias co fin de lograr o máximo aproveitamento dos materiais e recursos existentes.
d) Favorecer a formación dos seus asociados e da comunidade educativa en xeral nos asuntos relacionados coas bibliotecas escolares.
e) Promover a implantación e o recoñecemento da figura do bibliotecario en cada centro escolar coa suficiente liberación horaria como para atender todos os aspectos técnicos relacionados coa biblioteca, a Información ó profesorado, e a promoción da lectura, a educación documental e o desenvolvemento cultural do alumnado.
f) Propiciar foros de discusión e debate sobre ás bibliotecas escolares, a lectura e o acceso á información.
g) Impulsar propostas e negocialas.
h) Calquera outro, non especificamente reseñado nos Estatutos, pero que poida contribuír ó coñecemento, fomento, desenvolvemento, aplicación ou difusión da biblioteca escolar.

Para levar a cabo os seus fins, a Asociación poderá organizar as seguintes actividades:

a) Constitución de grupos estables de reflexión e traballo sobre bibliotecas escolares e os seus obxectivos, xa enunciados anteriormente.
b) Organización de actividades formativas: charlas, coloquios, conferencias...
c) Considérase como un obxectivo a medio prazo a publicación dun boletín informativo.
d) Organizar periodicamente unhas xornadas sobre bibliotecas escolares.
e) A Asociación poderá constituír grupos de traballo, e manter relacións de todo tipo, sen máis limitacións cás establecidas polas leis vixentes, con sociedades e asociacións similares, tanto nacionais como estranxeiras, así como con calquera organización ou centro que traballe cos mesmos fins cá Asociación, con independencia da súa nacionalidade, se o mellor cumprimento das súas funcións o aconsella.

Artigo 3°


O domicilio principal da Asociación radicará na cidade da Coruña, rúa Durán Loriga, 10. Poderán ser creados locais sociais noutras cidades mediante acordo da xunta directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó organismo encargado do rexistro.


Artigo 4


A Asociación desenvolverá as súas actividades en toda a Comunidade Autónoma, terá duración indefinida e só se disolverá por acordo da asemblea xeral extraordinaria ou por calquera das causas previstas nas leis


Artigo 5


A xunta directiva será o órgano competente para interpretar os preceptos contidos nestes estatutos e cubrir as súas lagoas, sempre someténdose á normativa legal vixente en materia de asociacións.
Os presentes estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante os acordos que validamente adopten a xunta directiva e a asemblea xeral, dentro da súa respectiva competencia.

CAPITULO SEGUNDO DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACIÓN
Artigo 6°


A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo presidente, a xunta directiva e a asemblea xeral.


Artigo 7°


O presidente da Asociación asume a representación legal desta e executará os acordos adoptados pola xunta directiva e a asembleaxeral, presidindo as sesións que celebren unha e outra.
O presidente será designado pola asemblea xeral entre socios que teñan polo menos dous anos de antigüidade e o seu mandato durará dous anos.


Artigo 8°


A Xunta directiva estará formada por un presidente, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e tres vocais, cargos que deberán recaer nos socios que leven polo menos un ano na Asociación.


Artigo 9º


Os cargos que compoñen a xunta directiva non serán remunerados economicamente, e serán elixidos pola asemblea xeral por un período de dous anos aínda que poden ser reelixidos indefinidamente. Os cargos da xunta directiva renovaranse por metade. Na primeira quenda serán renovados o vIcepresidente, o tesoureiro e un vocal, e na segunda, ó ano seguinte, o presidente, o secretario e os outros dous vocais. O primeiro mandato dos cargos da segunda quenda de renovación durará un ano máis. O persoal da
secretaría, se o houbese, será nomeado pola xunta directiva, que acordará ademais a súa retribución.


Artigo 10°


É función da xunta directiva programar as actividades sociais e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, e someter á aprobación da asemblea xeral o orzamento anual dos ingresos e dos gastos, así como o estado das contas do ano
anterior,


Artigo 11°


A Xunta directiva reunirase cantas veces o determine o presidente ou no seu defecto o vicepresidente, por iniciativa propia ou por petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo presidente e, na súa ausencia, polo vicepresidente ou o secretario,
por esta orde, e se faltan ambos os dous, polo membro da xunta que teña máis idade, Para que os acordos da xunta directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría dos votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de seis dos seus membros. Das sesións, o secretario ou, no seu defecto, o vicepresidente, levantará acta, que se transcribirá no libro de actas.


Artigo 12°


Os membros da xunta directiva presidirán as comisións que a propia xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, e de solicitarlles as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a xunta directiva, por proposta dos seus respectivos presidentes.
Cando as necesidades o aconsellen, a xunta directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións.

Artigo 13°


O presidente da xunta directiva terá, ademais das facultades consignadas no Artigo 7°, as seguintes atribucións:
a) Convocar e levantar as sesións que convoque a xunta directiva e a asemblea xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo cun voto de calidade, no caso dun empate.
b) Propoñer o plan das actividades da Asociación á xunta directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c) Ordenar os pagamentos acordados validamente,

O presidente será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que ademais o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.


Artigo 14°


O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro dos socios e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade.


Artigo 15°


O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos sociais, participando
en todas as operacións de orde económica.
O tesoureiro formalizará o orzamento anual dos ingresos e gastos, así como o estado das contas do ano anterior que deben ser presentados á xunta directiva para que esta, á súa vez, os someta á aprobación da asemblea xeral.


Artigo 16°


Cada un dos compoñentes da xunta directiva terá os deberes propios do seu cargo, así como os que nazan das delegacións ou comisións que a propia xunta lles encomende.
Incumbirá de maneira concreta ó secretario velar polo cumprimento das disposicións legais vixentes en materia de asociacións, custodiando a documentación oficial da entidade e facendo que se cursen ó organIsmo encargado as comunicacións sobre a
designación da xunta directiva, a convocatoria de asembleas xerais, cambios de domicilio, formalización do estado das contas e a aprobación dos orzamentos anuais de ingresos e gastos, así como o estado das contas correspondentes ó ano anterior.


Artigo 17°


A asemblea xeral, integrada por todos os socios, é o órgano supremo da Asociación e reunirase sempre que o acorde a xunta directiva, por propia iniciativa ou porque o solicite a décima parte dos socios. Obrigatoriamente a asemblea xeral deberá ser convocada nunha sesión ordinaria, unha vez ó ano, para aprobar o plan xeral de actuación da Asociación, censurar a xestión da xunta directiva, aprobar, no seu caso, os orzamentos anuais dos ingresos e dos gastos, así como o estado das contas correspondente ó ano
anterior.


Artigo 18°


A asemblea xeral reunirase na sesión extraordinaria cando o esixan as disposicións vixentes ou así o acorde a xunta directiva, tendo en conta os asuntos que deban tratarse, e en todo caso, para coñecer das seguintes materias: disposicións ou alleamento dos bens, nomeamento da xunta directiva, solicitude da declaración de utilidade pública, modificación dos estatutos e disolución da Asociación.


Artigo 19°


As convocatorias das asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, faranse por escrito, expresando o lugar, a data e a hora da xuntanza, así como a orde do día.
Entre a convocatoria e o día sinalado para a asemblea xeral na primeira convocatoria haberán de mediar, polo menos, quince días, podendo, así mesmo, facer constar a data na que, se procedera, se reunirá a asemblea xeral na segunda convocatoria, sen que entre unha e outra xuntanza poida mediar un prazo inferior a media hora. No suposto de que non se prívese no anuncio a data da segunda convocatoria, esta deberá facerse con oito días de antelación á data da xuntanza.


Artigo 20°


As asembleas xerais, tanto ordinarias, corro extraordinarias, quedarán validamenteconstituídas na primeira convocatoria cando concorran a elas, presentes ou representados, a maioría dos asociados, e, na segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados concorrentes.


Artigo 21.


Os acordos das asembleas xerais adoptaranse por maioría dos votos. Non obstante, será necesario o voto favorable das dúas terceiras partes dos asociados, presentes ou representados, para adoptar acordos na asemblea xeral extraordinaria sobre a disposición ou o alleamento de bens, o nomeamento das xuntas directivas, a solicitude da declaración de utilidade pública, a modificación dos estatutos e a disolución da Asociación.

CAPÍTULO TERCEIRO. DOS SOCIOS: OS SEUS DEREITOS E
DEBERES
Artigo 22°


Poderán ser membros da Asociación as persoas maiores de idade que dalgunha maneira teñan interese en servir ós seus fins e sexan admitidas pola xunta directiva, que poderá outorgar o nomeamento de membro honorario ás persoas que estime oportuno, a título
meramente honorífico, sen que isto leve consigo a condición xurídica de socio.
Tamén poderán ser membros da Asociación as institucións, os grupos e os centros escolares interesados nos fins expostos no Artigo 2°. Fixarase unha cota especial para institucións.


Artigo 23°


Quen desexe pertencer á Asociación, solicitarao por escrIto ó presidente, que dará conta á xunta directiva, a que resolverá sobre a admisión ou non do socio, sen ningún recurso contra o seu acordo.
Non se adquire a condición de socio mentres non se satisfaga a cota de entrada na conta e da forma que estableza a xunta directiva.


Artigo 24°


Os socios poderán solicitar a súa baixa na Asociación voluntariamente, pero iso non os eximirá de satisfacer as obrigas que teñan pendentes con ela.
A xunta directiva poderá separar da Asociación a aqueles socios que cometan actos polos que se fagan indignos de seguir pertencendo a ela. A separación será precedida do
expediente no que deberá ser oído o interesado, e contra o acordo da xunta directiva poderase interpoñer un recurso na primeira asemblea xeral que se realice.


Artigo 25°


Os membros da Asociación terán os seguintes dereitos:
a) Participar nas actividades que promova a Asociación e nos actos sociais que organice para todos os socios.
b) Exercitar o dereito de voz e voto nas asembleas xerais.
c) Ser nomeado membro da xunta directiva na forma que prevén estes estatutos.
d) Posuír un exemplar destes estatutos e coñecer os acordos adoptados polos órganos directivos.
e) Que se lles informe do estado das contas dos ingresos e dos gastos da Asociación todos os anos.


Artigo 26°


Serán obrigas de todos os socios:
a) Acatar os presentes estatutos e os acordos validamente adoptados pola asemblea xeral e pola xunta directiva.
b) Aboar as cotas de entrada e as periódicas que acorde a xunta directiva
c) Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ó cargo que desempeñen.


Artigo 27°


Os socios poderán ser sancionados pola xunta directiva por infrinxir reiteradamente os presentes estatutos ou os acordos da asemblea xeral ou da xunta directiva. As sancións poden comprender desde a suspensión dos seus dereitos durante un mes ata a separación definitiva da Asociación, nos termos que prevé o Artigo 24.

CAPÍTULO CUARTO. DO RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 28°


A Asociación carece de patrimonio no momento de se constituír.


Artigo 29°


Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes:
a) A cotas de entrada que sinale a xunta directiva
b) As cotas periódicas que acorde esta
c) Os productos dos bens e dos dereitos que Ile correspondan, así como as subvencións, os legados e as doazóns que poidan recibir na forma legal.
d) Os ingresos que obteña a Asociación mediante as actividades lícitas que acorde realizar a xunta directiva, sempre dentro dos fins estatutarios.


Artigo 30°


A Administración dos fondos da Asociación estará sometida á correspondente intervención e terá a publicidade suficiente, co fin de que os socios poidan coñecer periodicamente o destino dos fondos, sen prexuízo do dereito consignado a este respecto
no apartado e) do Artigo 25 destes estatutos.


Artigo 31°


No caso de disolverse a Asociación, a asemblea xeral que acorde a disolución nomeará unha comisión liquidadora, composta por cinco membros da xunta directiva, que se fará cargo dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as obrigas, o remanente, se
o houbese, sexa entregado a calquera entidade legalmente constituída con domicilio nesta provincia ou a unha comunidade que se dedique a iguais ou, no seu defecto, análogos fins ós desta Asociación.



Copyright Agabel.net© 2001
Tódolos dereitos reservados