OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 2
ØPreparar @s alumn@s para vivir nunha sociedade cambiante e multicultural, cunha actitude de tolerancia e de receptividade para as culturas diferentes, de loita contra os tratos inhumanos e degradantes, e cun respecto ás persoas, sen distinción de sexo, idade, raza, lingua, relixión, opinión política, orixe nacional ou social.
Ø
ØAdquirir e consolidar nas aulas, hábitos e actitudes na resolución de problemas dunha forma dialogante e creativa, involucrándonos nos valores de paz, xustiza, solidariedade, cooperación e tolerancia.