La biblioteca escolar en el contexto de la reforma educativa. Madrid, Mec, 1995

 

Documento que tivo a mala sorte de nacer cando había un inmediato cambio de equipo ministerial. É un interesante repaso ó marco normativo do MEC sobre as bibliotecas e un resume das consideracións internacionais sobre as condicións que deberían ter as nosas bibliotecas. Recolle sumariamente os programas experimentais que ó longo dos últimos anos foi poñendo en práctica o MEC. Fai tamén un breve repaso á situación das bibliotecas escolares nalgúns países próximos.
cerrar ventana