Make your own free website on Tripod.com


MONTES, Graciela (1999): La frontera indómita. En torno a la construcción y defensa del espacio poético. México. Fondo de Cultura Económica. Colección: Espacios para la lectura.

 

A autora deste libro é unha escritora arxentina moi coñecida alí, e considerada como unha das autoras máis representativas da nova literatura para nenos e xóvenes en América Latina.

Ten escrito máis de trinta libros, unha novela para adultos e algúns ensaios relacionados coa educación e a literatura para nenos. Recibiu numerosos premios e os seus libros son moi recomendados tamén en Colombia e Venezuela.

O libro reseñado aborda algunhas cuestións relacionadas coa infancia, a literatura e a educación. É en este triágulo onde se incardinan os once ensaios que componen este libro. Éstes xiran "en torno á construcción do espacio poético", en palabras de Daniel Goldin.

Graciela cree que o ser humán e, en especial os nenos, necesitan experimentar vivencialmente o achegamento á literatura e á arte, sen estar mediatizados por uns libros cheos de didactismo e de moralexa, así como por uns mediadores que utilizan os libros como un vehículo de instrucción. Para esta autora, a literatura é un espacio imprescindible de emoción, coñecemento, fantasía e realidade, aventura e libertade.

www.gracielamontes.com



A Coruña, 5 de febreiro do 2002

cerrar ventana